sora's profileREGANOSA FERROL ILEGALPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    June 27

    TERCEIRA SENTENCIA GAÑADA

    Terceira contraria a Reganosa que dicta o TSXG,

    que fundamenta a anulación do cambio de usos do solo, pola ausencia da

    correspondente Declaración de Impacto Ambiental, tal como fixera nas dúas

    sentenzas anteriores que anularon a tramitación medioambiental aprobada no

    2001 pola Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia presidida polo Sr.

    Fraga.

    As consecuencias desta sentenza afectan a todas as fases do

    procedemento administrativo: Autorización de construcción, licencia de obras e

    actividade, mesmamente a Autorización Administrativa Previa, pois todas estas

    resolucións se fundamentaban en que os terreos, co cambio de usos aprobado

    polo Pleno do Concello de Mugardos, permitían este tipo de instalación,

    ademais de propiciar que o Grupo empresarial Tojeiro obtivera unhas

    extraordinarias ganancias de mais de 30 millóns de euros. Agora a sentenza

    00311/2008 do TSXG anula dito cambio.